CABALOS E LOBOS, Fran P. Lorenzo

 “ En calquera caso, -continuou o tío Álvaro-, había que escoller, e estabamos en guerra. Europa enteira estaba en guerra. Ou eras cabalo ou eras lobo. Na guerra ou na vida, tanto ten. E ela escolleu ser lobo. Loba.” 
13 de Decembro, Santa Lucía. 
Hoxe viu por primeira vez a luz, en público, o Blog do noso Club de Lectura que, grazas a Elena , permite dar  visibilidade ao traballo realizado durante este curso e o pasado. Imaxinades o contentas e fachendosas que estamos?
Ademais, como tódolos anos, a nosa particular Mamá Noel (Marichelo) fíxonos chegar a esperada felicitación navideña, este ano un disco de ouro do Premio Nobel de Literatura, cos seus mellores desexos para nós. 
E para celebrar un ano de lecturas, ela e a súa irmá agasalláronnos cunhas pastas e uns delicosos licores caseiros. Un pracer. 

E por suposto comentamos o libro deste mes: Cabalos e lobos.
Unha cidade, un edificio e unha estirpe. Vigo, Gran Vía, Costa-Beckmann. Unha panorámica, dende o octavo piso, sobre a cidade e o tempo, as loitas obreiras dos anos setenta, a “pre” e a posguerra española. Edificio-armadura baixo o que agochar os secretos dunha familia burguesa, preservar as apariencias, coutar as murmuracións, ocultar as paixóns secretas que poden poñer en entredito a honorabilidade do clan, acalar os remorsos polos bens adquiridos ilicitamente, pola cobardía. Situación dominada durante xeracións. Ata que a neta do patriarca decide legar ao seu fillo adolescente unha verdade que ela mesma ignora e se lanza á busca do porqué dun mundo dividido en cabalos e lobos.
Esta primeira novela do periodista Fran P. Lorenzo descubriunos, a algunhas de nós, unha parte da historia de Galicia, de Noia e de Lousame que ignorabamos e da que nos deron cumpridas referencias as compañeiras da vila.
Unha vez máis lemos o mundo dende a biblioteca.
Confiamos en que algún día Fran Lorenzo poida vir comentar con nós esta obra. Entretanto deixámosvos a súa conferencia na Xornada dos Clubs de Lectura.

E esta ligazón para que poidades seguir lendo e escoitando.


  "A fachada de Gran Vía nº 2, recortada contra o rosa anil da atardecida"

Cine, Festival de Cineuropa, cine y más cine por favor…

Este primer trimestre do curso 2016-2017 aproveitamos cada ocasión para xuntarnos e ir ao cine: 
En outubro, ver La chica del tren, e O Porvir. No primeiro caso tiñamos curiosidade por coñecer a versión cinematográfica do libro lido o ano pasado. En grupo, acudimos o sábado 15 de outubro, aos recuperados  Cines Compostela.

Tamén en outubro O Porvir, a historia dunha parella de profesores de filosofía, cuxa longa vida en común toca ao seu fin …  Vímola en distintas datas, varias persoas, e gustounos moito.

E Novembro é o mes de Cineuropa. Só conseguimos ir xuntas ao Teatro Principal:   El Ciudadano  Ilustre, encantounos, polo seu humor e fina ironía. 
Ma Loute , dunha fantasía desconcertante, non nos gustou. 





SEIQUE, Susana Sánchez Arins



"se foi assim de mau com os irmãos e irmãs, como seria com os de fora ..."




Este martes, 15 de novembro, o Club de Lectura recibiu a visita de Susana Sánchez Aríns, a autora de "Seique". A descuberta de Seique foi una bafarada de aire puro, un deses libros que fan historia nun Club.
Trátase da historia dunha familia, a súa, contada dun xeito poético, divertido e durísimo á vez, nunha loita tenaz contra a des-memoria, para ousar revelar a verdade, tanto tempo agochada,de personas cuxa conduta nos tempos do franquismo se intentou esquecer. 
Un libro excepcional que vos recomendamos absolutamente.

MEURSAULT, CASO REVISADO, Kamel Daoud

"Ella mentía no por voluntad de engañar, sino para corregir la realidad y atenuar lo absurdo que azotaba su mundo y el mío"


Este relato pódese ler como unha homenaxe ao libro de Camus, O Estranxeiro, ou tal vez como un espello onde a imaxe reflectida xa non é a do asasino Meursault senón a do asasinado.

A estrutura do libro reflexa, desde a primeira frase,  una postura oposta á da novela á que fai referencia. Coa intención de rehabilitar ao irmán morto, o narrador revela o terrible peso da memoria do desaparecido. Con esta obra, Daoud, tamén nos fai entrever o final do colonialismo e a vinganza contra o opresor, á vez que critica o extremismo da sociedade actual.

A maioría das lectoras xa tiñan lido O Extranxeiro. Ás dúas que non o fixeran  iso non lle impediu  a apreciación nin a comprensión de Meursault, Caso Revisado, aínda que botaron de menos non coñecer a historia completa.

Un libro moi ben escrito, que merece a pena ler.


Teatro, TARTUFO

"Somos facilmente enganados por aqueles a quen amamos "

O Centro Dramático Galego estreou no Salón Teatro de Santiago a obra de teatro de Molière Tartufo.
Tartufo o mentireiro, o impostor, o hipócrito...irrumpe nun piadoso fogar burgués.
Algunhas de nós disfrutamos desta peza. Moi boa interpretación. As dúas horas pasaron voando.
A representación é moi dinámica, o que fai a obra amena.
E non podemos deixar de lembrar a cantos "tartufos" seguimos atopando hoxe en día.

Ribeira Sacra

24 setembro 2016:
Como primeira  actividade complementaria  recorremos a Galiza interior, achegándonos á Ribeira Sacra, os Peares e as Ermidas, no Tren Turistico, que nos permitiu viaxar a todas xuntas e disfrutar da paisaxe.

O tren turístico


Rura do Viño de Valdeorras

As Ermidas
  Descubrimos os poemas gráficos nos Peares: murais de Xoana Almar e Miguel Peralta. Nos falan da emigración á que se viron abocadas as familias destas comarcas


"A Galicia asolagada emigra
Primavera galega
Non tardes en chegar"

Mural xunto ás vías do tren cunha alegoría da emigración
mural xunto ás vías do tren cunha alegoría da emigración


As andoriñas









Oitos murais suavizan a difícil paisaxe arquitectónica : 
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2016/11/06/os-peares-enchese-andorinas/0003_201611M5C12991.htm

calendario 2016/2017

O calendario das lecturas e das actividades para o curso 2016/2017 :
 

un adianto das nosas lecturas

De volta Lectoras e Lectores

21 setembro 2016 :
Empezando o curso coa preparación dunha viaxe a Ribeira Sacra
Mentres entregamos o primeiro libro "Meursault, caso revisado" de Daoud Kamel.


Qué conseguimos?

Qué conseguimos?

1.   Ser un club singular e plural á vez, de estrutura horizontal, no que cada persoa é esencial, porque facilita e enriquece o funcionamento do mesmo,  de múltiples maneiras: propiciando o intercambio de libros no seu lugar de traballo, contactando con escritora/es para que veñan comentar con nós as súas obras, conducindo os coches que nos levan de viaxe, abríndonos as portas da súa casa, parada e fonda, nunha delas, convidándonos a exposicións e concertos na súa tenda, sendo quen de dotar, por primeira vez en oito anos, ao Club dun blog, doando libros para a biblioteca, asegurando a continuidade do Club en momentos complicados... a lista non é exhaustiva.

2.  Xerar iniciativas culturais que transcenden ao Club: Os Cafés de Idiomas,  que naceron ao seu abeiro, reúnen tódolos xoves de 8h00 a 9h30 da noite, dende hai tres anos,  a rapaces e adultos, para falar cada semana alternativamente, de xeito informal, en francés e inglés.















3. Crear, ó redor da lectura, un espazo vivo, xerador de coñecementos, afectos e emocións.